Non é ela, es ti

Troco total de panorama. nunha cafetería de clase, un lugar snob e fino, o xove está a tomar un batido de chocolate, alleo a que a súa compañeira (a rapaza do bolígrafo), está ao seu lado. Ela sácalle a copa do batido no momento no que el está absorvendo o líquido pola palliña, e tómalle o relevo, cunha cara de paixón e desexo que deixa ao xove estupefacto. Isto pasa o sábado. É importante destacar a diferenza e o contraste cromático entre unha escea e outra: a universitaria, máis triste e frixa, con cores que convidan á seriedade e á escuridade. Mentres, o sábado, un ambiente mais cálido e con mais colorido, que incita á provocación, a desinhibición e o desenfado.
PARA DESCARGAR O VÍDEO DO ANUNCIO, CLIQUE EIQUI!
MORALEJA DE AXE: USA AXE OS SETE DIAS DA SEMANA.
Desta marca pouco mais hai que dicer. Todo é sabido. Por desgraza, o sexismo e a degradación á muller que a compañía propaga nas suas campañas ten un éxito inimaginabel e son moitos os homes que usan este desodorante, e, dáme a sensazón, que a estratéxia de promoción de Axe é acertada, xa que moitos rapaces pensan, que co desodorante lograrán atraer mais ás mulleres.
Considero que o toque humorístico non o perden, pero que abonda xa de tanta parvada. Para ver este anuncio, a través dunha descarga en PUBLI TV, CLICA AQUI!!!
0 comentarios